Sunday 28 de April de 2024

Juan Penabad solicita a Portos de Galicia a instalación de elementos de protección para asegurar a zona portuaria de Ortigueira


• O ente autonómico está a remodelar o lugar, incluíndo a homoxeneización do pavimento, aínda que non se prevé a colocación de ningunha barreira de seguridade que impida posibles caídas á auga.

• Na actualidade o risco de accidentes é moi elevado.

O alcalde de Ortigueira, Juan Penabad, realizou unha solicitude a Portos de Galicia para que leven a cabo a instalación de elementos de protección na zona do porto de Ortigueira.

O ente autonómico está a levar a cabo traballos de remodelación da contorna, a homoxeneización do pavimento, pero non está prevista a colocación de ningunha barreira de seguridade que impida as caídas ao mar, tanto para peóns como para vehículos.

É por iso que se decidiu elevar este escrito a Portos de Galicia, para evidenciar o potencial risco de accidente que existe nesta zona e para que, sempre que se están levando a cabo os traballos, colóquese o mobiliario pertinente que contribúa á seguridade das veciñas e veciños.

O alcalde destaca que “trátase dunha zona moi transitada, tanto pola veciñanza como por visitantes, polo que lle solicitamos a Portos de Galicia que actúe á maior brevidade posible para melllorar a seguridade non lugar”.

Penabad incide en que “é un lugar que habitualmente utilizan nenos e meniñas para actividades de lecer con bicicletas e monopatíns e pasean persoas maiores, polo que a colocación dunha varanda ou algún outro elemento separador, como pode ser un banco, poder previr sustos inncecesarios”.